En Bidueira, ó igual que acontece na maioría das aldeas galegas de orixe rural, cada vez somos menos, posto que os maís novos temos que deixar a aldea en busca dunhas mellares condicións (estudios, traballo…), e os máis vellos van desaparecendo, dun xeito ou doutro. As fins de semana son unha ledicia para os que están toda a semana sós e ven como o venres regresamos os fillos que estamos fóra durante a semana e outros visitantes que teñen a súa casiña na aldea para pasar as fins de semana relaxados do estrés da cidade.
Agora mesmo, son pouco máis de 20 persoas as que se poden contar durante o inverno, aínda que nas longas vacacións de verán, Nadal ou Semana Santa, este número se ve incrementado.
Os máis novos, como digo, seguimos a estudiar, aínda que o rapaz máis xove xa ten 14 anos, e os outros solteiros ou traballan ou tentan facer a súa propia vida. Os nosos pais, seguen a traballar na agricultura, e outros disfrutando da súa pensión de xubilación, tras unha longa vida de traballos xa .

Ademáis, somos nos, os que lle damos algo de vida a aldea, tanto na organización e colaboración nas diferentes celebracións como tamén para a realización dalgunha “falcatruada” das propias da xuventude.
Non temos bar nin tenda pero temos o mellor que se pode ter entre veciños: unha boa relación, que fai que o veciño sexa o mesmo tempo o que che tenda a man en caso de necesidade.
Oxalá se que pequenas aldeas coma esta non vaian desaparecendo e o rural poida, dalgún xeito, rexurdir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario