Quizais fai moitos anos era moi difícil vivir nunca aldea sen que os lugares de cultivo ou de pastoreo para o gando nn tiveran unha denominación ben clara.
Na miña aldea, como non podia ser doutro xeito hai moitos toponimos que se siguen mantendo os nomes de fai moitos anos, ainda que a sua realidade actual sexa ben diferente a de anos pasados, xa que moitos ou estan de poulo ou no canto de ser cortiñas sembradas se converteron en lameiros para pasto do gando.
Claramente diferenciados estan os hortos ou hortas, mais proximas a aldea e adicados especialmente a pequenos cultivos de legumes, hotalizas…para o consumo humano. Nesta entrada incluimos a zona de A CANCELA, O HORTO DO REI, SANTA MARTA,A PANEIRA, O LIÑAR, O CARRETO….
Noutro punto, e seguindo por proximidade temos unha nova escala: cortiñas adicadas tamen o consumo propio pero sembradas con outro tipo de cultivos, xeralmente patacas, millo ou remolacha. Aquí metemos: O BARROCAL, A ABELAIRA, ARNADELO, NAVAREGA, A SENRA,….
Afastándonos un chisco mais, chegamos os lameiros destinados ó pasto que xeralmente son segados na epoca do verán: NAVAREGA, A PIPA, OS CHAOS, A CANTEIRA, PITARELA, AUGAS BELIDAS, O SALGUEIRO, CHAU DE ESTACAS, ESCADAVADAS, MUIÑOS…..
Aquelas fincas destinadas á sembra do pan (trigo e centeo) situámolos en: ENTRE OS MATOS, O PIGARREIRO, CHAU DE ESTACAS, REBORDELOS, SAN PAIO. O ORTIGÓN….
Outras fincas, non menos importantes son aquelas que antes estaban ben sementadas e coidadas e agora quedaron de poulo, e son as que ofrecen pasto para o gando coma se da serra se tratara, estas fincas tamen se atopan NOS REBORDELOS, NO PIGARREIRO, EN CHAU DE ESTACAS, EN ASCADAVADAS, FOLGUEIROCOBO……
Ademais de pastoreo e de fincas adicadas o cultivo da comida de todo o ano tamen hai outros lugares que ofrecen a leña necesaria para quentarse nas longas e frias noites de inverno. Estes lugares son, entre outros : A SALGADIÑA, O CARBALLAL, O TORGAL, O SALGUEIRO….
Xa para rematar, hai outros lugares que desgraciadamente hoxe case tan so perviven no recorso, xa que esran lugares situados na serra, onde os rebaños aproveitaban a herba no verán e tiñan curro para que atnto animais coma custeiro e pastor se resgardasen da noite .Agora os vemos arder no mes de setembro, para asi evitar a pentración de animais ás zonas mais proximas á aldea, Estes lugares son: A CORCOBA, A MOSENDA, AS DAQUEL CABO, O PIGARREIRO, A FRAGA DA MOURA……
martes, 6 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)